
Ver a dirección ata o seu destino
Se se atopa nunha zona sen estradas ou non dispón dos mapas da zona descargados
no seu dispositivo, pode ver a dirección ata o seu destino.
Seleccione
Menú
>
Mapas
.
1 Seleccione
Indicación para
.
2 Para axustar o seu destino, seleccione a opción axeitada.
3 Seleccione a localización desexada.
A liña recta indica a ruta máis directa e a distancia máis curta ata o seu destino. A ruta
non ten en conta os obstáculos, como edificios e obstáculos naturais, nin as diferenzas
de altura.
Para axudar a identificar onde se atopa e manterse na dirección correcta, a ruta pola
que estivo camiñando ou conducindo amósase mediante puntos vermellos.
Web ou Internet
Pode acceder a varios servizos de Internet co navegador do seu teléfono. A presentación
das páxinas web pode variar segundo o tamaño da pantalla. Pode que non vexa todos
os detalles das páxinas web.
Dependendo do teléfono, é posible que a función de navegación web aparezca no menú
como Web ou Internet, denominada en diante Web.