
Acerca dos métodos de posicionamento
Mapas amosa a súa localización no mapa empregando GPS ou A-GPS.
O GPS (Global Positioning System, Sistema de posicionamento global) é un sistema de
navegación baseado en satélite empregado para calcular a súa localización. GPS asistido
(A-GPS) é un servizo de rede que emprega información da rede local para mellorar a
velocidade e a precisión do posicionamento mediante GPS.
A descarga de datos de A-GPS implica a transferencia de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. En itinerancia, é dicir, cando se atopa fóra da rede do seu
fornecedor de servizos, é posible que as tarifas de transferencia de datos sexan
superiores ao esperado. Polo tanto, de xeito predeterminado, A-GPS non se emprega
en itinerancia, pero isto significa que é posible que o cálculo da súa localización tarde
máis tempo en efectuarse que se se emprega A-GPS.
Para permitir o uso de A-GPS en itinerancia, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
GPS
>
GPS asist. Internet
. Se desexa obter información acerca das
tarifas de transferencia de datos, contacte co seu fornecedor de servizos.
O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo goberno dos Estados
Unidos, que é o único responsable da precisión e mantemento do sistema. A precisión
dos datos de localización pode verse afectada polos axustes nos satélites GPS efectuados
polo goberno dos Estados Unidos e está suxeita a modificacións procedentes da política
de GPS civil do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e do Plan de radionavegación
federal (Federal Radionavigation Plan). A precisión tamén pode verse afectada pola
xeometría de baixo nivel do satélite. A dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS poden
verse afectadas pola súa localización, os edificios e os obstáculos naturais ademais de
polas condicións meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean dispoñibles no
interior dos edificios ou en pasos subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible
a través de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha localización precisa e vostede
non debe depender só dos datos de localización procedentes do receptor GPS nin das
redes de radio móbil para determinar posicións nin para a navegación.
A precisión do hodómetro é limitada, polo que é posible que se produzan erros de
redondeo. A precisión tamén se pode ver afectada pola dispoñibilidade e calidade dos
sinais GPS.