
Reprodutor multimedia
O dispositivo inclúe un reprodutor multimedia para escoitar cancións ou outros ficheiros
de son MP3 ou AAC.
Aviso:
A exposición continua a niveis elevados de volume pode danar a súa capacidade
auditiva. Escoite música a un volume moderado e non suxeite o dispositivo preto do
seu oído co altofalante activado.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Repr. multimedia
.
Para iniciar ou inserir unha pausa na reprodución
Prema a tecla de desprazamento.
Para dirixirse ata o inicio da canción actual
Desprácese á esquerda.
Para dirixirse á canción anterior
Desprácese á esquerda dúas veces.
Para dirixirse á canción seguinte
Desprazarse á dereita.
Para rebobinar a canción actual
Manteña premida a tecla de desprazamento cara á esquerda.
26 Aplicacións

Para avanzar rapidamente a canción actual
Manteña premida a tecla de desprazamento cara á dereita.
Para axustar o volume
Desprácese cara arriba ou cara abaixo.
Silenciar ou activar o son do reprodutor multimedia
Prema #.
Deixar o reprodutor multimedia funcionando en segundo plano
Prema a tecla Fin.
Pechar o reprodutor multimedia
Manteña premida a tecla Fin.